12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Primeira semana de xuño nas ondas de Radio Xallas (AUDIOS)

Memoria de Varilongo con Herminio Otero, Diego Díaz (PSOE Dubra) e Óscar Pose (UUAA)

Venres 4 de xuño.Este venres iniciamos o programa co tempo, os titulares da prensa e as noticias do día, con declaracións do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e das alcaldesas de #Cee, #Vimianzo, #Camariñas e o de #Fisterra sobre o Camiño dos Faros(desde o minuto 12).

Falamos co portavoz do PSOE Val do Dubra Diego L. Diaz Mendez (desde o minuto 32)que fixo balance de dous anos de lexislatura neste concello. Coa colaboración do “mineiro” Herminio Otero Gómez (desde o minuto 57), de San Salvador, falamos de memorias do volframio, da historia de #Varilongo.  E recollemos as reflexións de Oscar Pose Andrade de Unions Agrarias-UPA (Desde o minuto 86) sobre a situación dos produtores de leite.

Antonio Negreira (Anova Dubra) e Daniel Cotelo (PP Ponteceso)

Xoves 3 de xuño.Iniciamos o programa co tempo, os titulares da prensa e as noticias do día, con declaracións de dirixentes de Unions Agrarias- (desde o minuto 13) sobre o mercado lácteo e outras novidades. Logo conversamos co portavoz de Son de Val do Dubra – Son Anova Antonio Negreira Noya (desde minuto 33). E despois da axenda contactamos co portavoz de Populares de Ponteceso Daniel García Cotelo (minuto 77). E con máis noticias e música completamos o programa.

David Barbeira, alcalde de Santa Comba e Consuelo Ordóñez, de COVITE

Mércores 2 de xuño. Iniciamos o programa cunha entrevista ao alcalde de Santa Comba,David Barbeira Garcia (desde o minuto 1), que falou sobre a moción de censura e os dous anos de lexislatura. Despois comentamos as noticias destacadas do día, con titulares, axenda e o tempo. A segunda convidada foi  Consuelo Ordóñez(desde o minuto 75) , presidenta do Colectivo de Víctimas del Terrorismo(COVITE) Covite. E con máis noticias e música completamos o programa deste mércores

Yoli Río (Folk On Crest) e o avicultor José Luis Baleirón

Martes 1 de xuño. Iniciamos o programa coas noticias comarcais, o tempo, e os titulares dos xornais e coa lectura das últimas mensaxes sobre a «enquisa» sobre o nome do CEIP  Barrié de la Maza (desde o minuto 22).Falamos coa xalleira Yoli Río  vocalista do grupo Folk On Crest(desde o minuto 35) e co avicultor  Jose Luis Baleiron (desde o minuto 64)Logo anunciamos a presentación dunha moción de censura en Santa Comba e emitimos o audio co pleno extraordinario(desde o minuto 96) celebrado esta mañá no concello xalleiro.

Manuel Fuentes de Vox e Juan Esteban Méndez Leiva de USO

Luns 31 de maio.Hoxe “Na Encrucillada” despois do tempo e os titulares ofrecemos a crónica do pleno de Santa Comba(desde o minuto 12), e falamos de distintas noticias como a manifestación “Eólicos.Así Non” e outras. O primeiro protagonista foi o veterinario e membro do equipo de Vox na Costa da Morte, Manuel Fuentes Lamas(desde o minuto 40).

Falamos da problemática do lobo, da xestión dos xurros e da Garda Civil. O segundo convidado foi o responsable de Administración Local da Federación de Atención á Cidadanía de USO-Galicia Juan Esteban Méndez Leiva.(Desde o minuto 94). Falamos sobre a problemática dos traballadores públicos e da manifestación convocada para o vindeiro 19 de xuño. Rematamos o programa cos datos sanitarios e coa lectura da primeira parte das opinións da audiencia sobre o cambio de nome do CEIP Barrié de la Maza(minuto 123)

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos