Foto-archivo
«Hat trick para o Partido Socialista do Sr. Ucha Velo en Santa Comba». O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, asegura nun comunicado que «Ao igual que sucede nun partido de fútbol cando un xogador mete tres goles, o Sr Ucha Velo, portavoz do partido socialista de Santa Comba deixa escapar por terceira vez a Alcaldía. A presión, a responsabilidade e o medo a ser Alcalde supérano. Queda por tanto demostrado que non quere ser Alcalde, a pesares de ter varias oportunidades».
Lembra o aínda mandatario que «foi o PP o promotor das dúas primeiras mocións de censura, aínda que a segunda foi provocada polo propio Ucha cando expulsa a TEGA do equipo de goberno. A súa prepotencia, insultos, arrogancia e o seu carácter indomable son os culpables da mesma.Neste último caso é o Sr. Ucha Velo e a Sra Cristina Fajín, concelleiros do PSOE, xunto co Partido Popular os que asinan a moción».
Insultos e descalificacións
David Barbeira afirma que «leva aguantando insultos e humillacións dende o propio día da constitución do goberno e o único que fixo o Partido Socialista como socio de goberno, foi criticar e bloquear a actividade municipal. O deber do PSOE era apoiarme estes dous anos e non facer máis oposición que a do propio Partido Popular. Foi el quen rompeu o pacto dende o minuto cero».
Desde o seu punto de vista opina que «O Partido Socialista está de luto.Podía levar anos gobernando en Santa Comba e grazas ao Sr. Ucha Velo, leva 20 anos na oposición. Resulta ser o mellor aliado do Partido Popular».
Pídelle ao PSdeG que analice o caso de Santa Comba
Explica ademáis:»En canto o feito insólito de que non son unha persoa coñecida, entendo que para ser Alcalde o único que se necesita son ganas de traballar pola nosa xente e polo noso pobo. Ás veces é mellor pasar desapercibido que ser un “notas” da política».
Por último David Barbeira engade:»Fala o Sr. Ucha de dignidade e honorabilidade, pero non aplica estes principios; asina a moción pero non presenta a renuncia ao seu cargo de concelleiro delegado nin a súa adicación parcial.Espero que o partido socialista analice a situación política actual en Santa Comba, que hai máis vida alá do Sr. Ucha e que todos os socialistas deste Concello se poidan ver representados como se merecen nun futuro a corto prazo”.
David Barbeira estaba esta semana en Radio Xallas. O luns será o momento de José Antonio Ucha Velo.