Entrevista a Diego Luis Díaz. A partir do minuto 32
O portavoz do PSOE no concello de Val do Dubra fixo unha balace negativo destes dous anos de lexislatura pola “pouquísima actividade” e a “falta de iniciativa política con plenos sen puntos na orde do día”.
Diego Díaz emprazou ao goberno tripartido “a que se centre e faga o seu traballo e fale coa oposición máis alá da organización dun Magosto ou dunha Sardiñada”, lamentando que hai “asuntos totalmente olvidados” como a contratación do Servizo de Axuda no Fogar(S.A.F.), o Plan Xeral, o Polígono Industrial, a participación veciñal (que se debe recuperar) ou o referente á transparencia.
Criticou a parálise na contratación “que xa reviste gravidade” cunha inacción que preocupa:”Hai que estar detrás do goberno para que as obras non queden a medio facer”. Engade que o ximnasio ou a biblioteca municipal están pechados.
Díaz recrimina a falta de información sobre o Polígono e a súa fórmula de xestión:”Se somos incapaces de xestionar a contratación, imos a xestionar un Polígono?”. Bota en falta axudas aos comerciantes:”Dos 30 puntos do plan de reactivación cumpriron un”.