O portavoz do Partido Popular de Ponteceso, Daniel García Cotelo, xustificou o voto en contra no último pleno ao proxecto de renovación das luminarias (2,5 millóns de euros):“Se un proxecto incumpre a lei temos que votar en contra”.
Entrevista a Daniel García Cotelo- Desde o minuto 77
Cotelo criticou que o alcalde presentou un proxecto de 712 páxinas, sen diálogo previo e con dous días de marxe para poder estudialo. Anunciou que o PP presentará un emenda para que se corrixan as as deficiencias e con outros aspectos cos que non están de acordo.Reiterou que o PP non vota cousas ilegas e “O PSOE votou que sí indo en contra da lei de contratos do dector público”.
Os populares consideran que Lois García Carballido segue “aferrado ao sillón” sen darse de conta da situación política:”Non se pode dirixir un concello en horas libres nin no recreo do colexio. Aínda que non foi adiante, a moción de censura foi un xesto político suficientemente claro para que vexa que así non vai a ningún lado. O alcalde non entende que as competencias son do pleno”.
Para García Cotelo, Carballido “é un alcalde de palla e non vai a facer o que lle dea a gana”. Tamén incidiu que o concello de Ponteceso “non é unha comisión de festas, non se pode gobernar a ratos libres”.