5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Gonzalo Caballero:”O Camiño dos Faros é fundamental para o desenvolvemento económico e para xerar emprego e riqueza”

Gonzalo Caballero volveu a Costa da Morte. Desta volta fixo parada en Vimianzo e rodeado de alcaldes socialistas reivindicou a importancia do Camiño dos Faros: “A Costa da Morte ten moitas posibilidades para o turismo e, neste marco, o Camiño dos Faros é fundamental para o desenvolvemento económico e para xerar emprego e riqueza”.

Demandou o apoio da Xunta de Galicia:“É hora de que a Xunta se poña a carón das alcaldesas e dos alcaldes da Costa da Morte para impulsar o Camiño dos Faros”.

Avanzou que o PSdeG seguirá levando ao Parlamento de Galicia iniciativas para poñer en valor esta ruta e para conseguir que o goberno gaelgo “faga un plantexamento de aposta e potenciación” que o converta en “referencia do turismo galego de calidade para todo o mundo”.Estivo acompañado pola alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; a de Camariñas, Sandra Ínsua; a de Cee, Margarita Lamela; e o alcalde de Fisterra, José Marcote; entre outros representantes socialistas en Costa da Morte e Bergantiños.

Opinan as alcaldesas de Vimianzo, Camariñas, Cee e o alcalde de Fisterra

A alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, agradeceu a visita de Gonzalo Caballero e sumouse á petición do dirixente socialista para conseguir que “dunha vez a Xunta poña todas as facilidades para que a homologación do Camiño dos Faros sexa unha realidade”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, reivindicou o Camiño dos Faros como “vital” e “primordial” para os concellos da zona, xa que “case o 80% das persoas que visitaron Camariñas no mes de maio foi para percorrer o Camiño dos Faros”. “Temos que sentar coa Xunta e buscar unha saída”, destacou.

Na mesma liña, a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, destacou a “importancia” da ruta “para o impulso económico” da contorna, polo que “é necesario buscar, entre todos, unha solución xurídica” que permita homologar este camiño. Así, agradeceu ao líder do PSdeG a presentación de iniciativas no Parlamento “na loita” para conseguir a citada homologación.

Por último, o alcalde de Fisterra, José Marcote, pediu unha “solución” que dea “seguridade xurídica” ao Camiño dos Faros. “Hai que saber conxugar o trazado ideal, que é o que temos agora, cunha posible homologación” cando “hai un pequeno conflito que hai que resolver”, sentenciou.Tanto Caballero coma os demais dirixentes tiveron verbas de lembranza para a falecida Isaura Abelairas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos