5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Reproches mutuos no último pleno antes da presentación da moción de censura en Santa Comba

María Pose recordou que “O PP foi a lista máis votada e debería estar no goberno”.// FOTO ARCHIVO

O pleno extraordinario celebrado este martes tiña un obxectivo claro, como reiterou o portavoz do PSOE, José Antonio Ucha: poñer unha data para o traspaso de poderes. Con todo isto os socialistas apreciaron “ningún interés por facer cumprir a súa palabra”.

A portavoz do PP, e próxima alcaldesa se nada torce, María Pose manifestou:”O PP foi a lista máis votada e debería estar no goberno”. Lembrou que “o Sr. Ucha puxo a vostede no goberno” e pediu “estabilidade” para o concello.

Cruce de reproches entre PSOE e CxG

Pola súa banda o alcalde fixo unha alocución na que lanzou continuos reproches a Ucha como “non contar co alcalde”, “deixar asuntos sobre a mesa”, “tentar bloquear todo”, ou “afán de protagonismo”. 

David Barbeira díxolle ao PSOE:”Non dou encontrado nada onde vostedes votaran a favor”. Considera que este pleno foi “unha convocatoria ridícula” e “un auténtico despilfarro” e emprazou a Ucha a actuar:”Faga vostede o que teña que facer”.

Para Ucha as declaracións do alcaldes son “unha excusa de mal pagador”. E dixo que o “dato obxectivo” era que había un pacto de goberno e agora serían os dous anos de alcaldía do PSOE.  

Recriminoulle ao alcalde “votar en contra das nosas propostas”, ou ter “reunións as nosas espaldas”. Pensa que se Barbeira “tiver un mínimo de dignidade dimitiría”. Se non xa lle anunciaba que tomarían eles a iniciativa. E así foi. Barbeira levantou a sesión sen atender a petición do PSOE. E a moción de censura presentouse, asinada por seis concelleiros do PP e dous do PSOE, José Antonio Ucha e Cristina Fajín. O debate será o 15 de xuño.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos