11.6 C
Santa Comba
martes, abril 2, 2024

David Barbeira califica de “vergonzoso” o comportamento de PSOE e PP:»Con este tipo de políticos, Santa Comba non avanzará nunca»

O alcalde de Santa Comba critica que se deixaran enriba da mesa as axudas aos hostaleiros.

Nota de prensa de David Barbeira

O PARTIDO SOCIALISTA E O PARTIDO POPULAR DE SANTA COMBA DEIXAN SOBRE A MESA AXUDAS DIRECTAS AO SECTOR DA HOSTALARIA.

David Barbeira levou á sesión plenaria do pasado 28/05/2021 unha transferencia de crédito para facer fronte a aportación municipal na cantidade de 75.000 euros para axudas directas á hostalaría do Concello de Santa Comba que recibirían como máximo no prazo dun mes.

PSOE e PARTIDO POPULAR votaron a favor de deixar este asunto enriba da mesa, non podendo recibir os hostaleiros deste Concello esta liña de axudas que o Concello de Santa Comba lle quería brindar.

O Alcalde David Barbeira di que non entende a postura do Partido Socialista pero moitísimo menos a do Partido Popular xa que son liñas de axudas que puxo en marcha o Partido Popular do Sr. Feijoó da Xunta de Galicia. Parece mentira que a portavor do partido popular María Pose, deixe sobre a mesa liñas de axudas aos hostaleiros do noso Concello fomentadas polo seu propio partido.

Di que aprobar esta liña de axudas directas non implica que se negocien outras entre os tres partidos políticos, que todo o que se lle poida axudar a nosa xente dende o Concello ben vido sexa. 

Con este tipo de políticos, Santa Comba non avanzará nunca. Con actuacións coma éstas demostran a nula preocupación da recesión que trouxo consigo a pandemia da COVID-19.

Outro punto do pleno foi a modificación da ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreo público con mesas, cadeiras, tribunas, tablaos e outros elementos análogos coa finalidade de continuar no 2021 prorrogable para o ano 2022, de cobrar a contía de 1 euro aos hostaleiros que utilicen o servizo de terraza. O Partido Socialista abstívose. Novamente demostra non importarlle nada as melloras que se propoñen. Todo consiste en o non por o non, sen preocuparlle nin o máis mínimo, a situación económica dos nosos veciños.

O Partido Socialista unha vez máis xunto coa abstención do partido popular pon en risco o plan municipal de obras POS+2021.

O Alcalde David Barbeira, tacha o comportamento do Partido Socialista e do Partido Popular de vergonzoso.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos