Semana de Na Encrucillada en Radio Xallas entre o 25 e o 28 de maio.
O nome do CEIP Barrié de la Maza e «Dorothé na Vila»
Venres 28 de maio.Xunto coas noticias e as sección habituais, falmos co responsable comarcal da CIG-Ensino Rubén Fernández Monteagudo (minuto 28), sobre a iniciativa para o cambio de nome do CEIP #BarriédelaMaza de Santa Comba. Recollemos a confesión “exclusiva” dun criador de “urogallos”(desde o minuto 45) e logo coa presidenta de Axio Mouro Mónica López e co mestre gaiteiro Pablo Seoane Méndez (desde o minuto 60) falamos das actividades da asociación e do documental Dorothé na Vila que se proxectará o vindeiro 18 de xuño na Capital do Xallas.
Visita ao Castro das Barreiras, de lobos con Paco Bello e as ninfas carolinas
Xoves na Encrucillada. Iniciamos o programa con titulares, previsión meteorolóxica e noticias comarcais. E falamos das escavacións no Castro das Barreiras co arqueólogo Angel Concheiro Coello «Tito Concheiro»(desde o minuto 28).Despois de actualizar noticias e compartir un aperitivo musical falamos sobre distintas cuestións relacionadas coa agricultura e a gandería co presidente da Asociación Agraria de Galicia Paco Bello (desde o minuto 61). E sobre ninfas carolinas, Coracopsis Vasa, e urogallos falamos co noso colaborador,Francisco Javier Rodriguez Penedo (desde minuto 78).
Sobre enfermidades reumatolóxicas e a actualidade do Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein
Mércores 26 de maio. Iniciamos o programa con titulares, previsión meteorolóxica e noticias comarcais. E falamos de enfermidades reumatolóxicas e musco-esqueléticas co xerente da Liga Reumatolóxica Galega José León (desde o minuto 30). Despois de actualizar noticias e compartir un aperitivo musical falamos co presidente do Centro Español Santiago Apóstol de Liechtenstein Ceas Bendern, Manuel Figueroa (desde o minuto 64). E con máis noticias e música completamos a emisión deste 26 de maio.
Falamos co alcalde de Mazaricos e coa portavoz autonómica de Ciudadanos
Martes na Encrucillada. Iniciamos o programa con titulares, previsión meteorolóxica e noticias comarcais. E falamos co alcalde do Concello de Mazaricos, Juan Jose Blanco Riveiro (desde o minuto 30) sobre os orzamentos recentemente aprobados e doutras cuestións da actualidade.. Despois de actualizar noticias e compartir un aperitivo musical falamos coa portavoz de Ciudadanos Galicia, Beatriz Pino(desde minuto 66). E con máis noticias e música completamos a emisión deste 25 de maio.