“Dorothé na vila” poderá verse no auditorio multiusos de Santa Comba o vindeiro venres 18 de xuño. Estamos diante dun documental de 85 minutos dirixido por Alejandro Gándara e Olaia Tubío que recrea unha experiencia histórica. A viaxe polo corazón da cultura galega da musicóloga, compositora e docente Dorothé Schubarth.Unha iniciativa que deixou unhas 300 horas de gravacións que forman o “Cancioneiro Popular Galego”.
A iniciativa é da asociación Axio Mouro, que conta co apoio do concello de Santa Comba. A presidenta da entidade, Mónica López e o profesor das escolas de música tradicional, Pablo Seoane, falaban en Radio Xallas
Escoita a partir do minuto 60 a entrevista con Mónica lópez e pablo Seoane
Pablo Seoane destacou esta “gran labor de recollida” feita por Dorothé Schubarth e reflexou a escea “demasiado exótica” que tivo que ser ver a finais dos setenta “unha persoa que non era daquí polas aldeas preguntando a xente” como cantaba e como bailaba.
Seoane asegura que este cancioneiro “está moi ben feito” e é “o punto de partida que temos case toda a xente que nos adicamos ao folcore”. Pensa que é “unha oportunidade” para os veciños da zona poder asistir a esta proxección.
Mónica López contou como lle chegaron noticias de “Dorothé na Vila” a través do gaiteiro xalleiro-barcalés Emilio Lois e tamén puxo en valor o feito de que “unha muller nada en Basilea(Suiza), que veu de vacacións acabara recopilando todo este cancioneiro”. Convidou a asistir a esta actividade organizada por Axio Mouro e desvelou que o documental tamén ten a súa impronta xalleira, a dun virtuoso, o Cubaleiro de Bazar.
Dous pases de «Dorothé na Vila»
Haberá dous pases. As 17.30 e as 20:30h. Despois do segundo terá lugar un coloquio con Alejandro Gándara e Olaia Tubío.Para reservar plaza poderáse facer enviando un whatsapp ao número 669326554 indicando nome, apelidos e DNI dos asistentes. Tamén se indicará en que pase se quere participar. A entrada é de balde.