4.7 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

“Vimianzo está na Champions dos grandes concellos arqueolóxicos de Galicia”

No “Castro das Barreiras” de Vimianzo estase levando a cabo a sexta campaña de escavacións dirixida polo arqueólogo Tito Concheiro que falou este xoves no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas

Entrevista a Tito Concheiro- Desde o minuto 28

Tito Concheiro amosoume moi optimista cos resultados que se poidan acadar “porque este Castro das Barreiras da moito” se ben precisou que “a arqueoloxía é como un melón nunca sabes o que te vas a atopar “.

Como sinalou o experto, estamos diante dun “poboado potente, con moitos rexistros materiais”. Puxo en valor as visitas de escolares e curiosos xa que “a arqueoloxía carece de sentido se non estivera implicada a sociedade”, incidindo na contorna como “un elemento de ocio, cultura, aprendizaxe e un recurso turístico importante”.

Compromiso do concello de Vimianzo

Un monumento referente que “testemuña unha das etapas máis brillantes da historia de Galicia”. Valorou o compromiso do concello de Vimianzo, dun Castro das Barreiras que “forma parte da paisaxe física e cultural de Vimianzo”.Un concello, que para Concheiro, “está na Champions dos grandes concellos arqueolóxicos de Galicia”.

Na visita que realizou esta semana a alcaldesa, Mónica Rodríguez, amosouse “ilusionada” por esta nova campaña nas Barreiras, e sinalou que “desde o Concello desexamos que poida ser interpretable para as visitas en todo o seu esplendor, coa súa estrutura orixinal xa atisbada”, e agradeceu “de corazón o traballo de Tito e todo o seu equipo nas Barreiras ano tras ano”, finalizaba a rexedora. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos