16.6 C
Santa Comba
sábado, julio 2, 2022

Piden o cambio de nome do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba

A campaña do sindicato CIG “para instar ás diferentes administracións públicas a eliminar dos nomes dos centros escolares as referencias a persoas cun pasado fascista e que se significaron claramente coa represión da ditadura e o apoio ao réxime franquista”, chega a Santa Comba.

Dirixentes do sindicato nacionalista confirmaron que se solicitou “ao Concello de Santa Comba,tanto á Alcaldía como a todos os grupos municipais con representación” o cambio de nome no CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba.

E tamén realizáronse “varias asembleas no centro con todo o claustro, a última aínda nodía de onte, amosando este, e tamén o equipo directivo, ao que tamén nos diriximos, unha xenial acollida da proposta a partir da exposición e toma de conciencia de que significou para a pervivencia da dictadura franquista e a súa represión no noso país, Pedro Barrié de la Maza”.

A CIG-Ensino tamén remitiu unha carta á ANPA do centro pedindo a súa implicación “na inmediata modificación desta anomalía democrática”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
460SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos