4.9 C
Santa Comba
jueves, diciembre 19, 2024

Juan Blanco defende o gasto social e a mellora das infraestruturas para un “proxecto de futuro” en Mazaricos

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, defendeu os orzamentos aprobados que apostan por “mellorar as condicións de vida da xente que vive no concello e en especial da xente maior e con menos recursos”.

Todo isto dentro do “proxecto de futuro” que propón o goberno local nunhas contas que teñen “unha inversión en gasto social moi elevada” porque así é a demanda, por exemplo da atención a domicilio:”Cada vez hai máis horas e máis necesidades”.

Recalcou ademais o esforzo en materia de abastecemento, saneamento e mellora de camiños. Neste último capítulo “nunca é suficiente porque temos un concello demasiado extenso cunha rede de 1.000 kilómetros”.

Nunha entrevista no programa Na Encrucillada de Radio Xallas tamén falou das actuacións previstas para a conservación e a limpeza da contorna de Santa Baia de Chacín e da situación do sector lácteo.

ESCOITA A ENTREVISTA A PARTIR DO MINUTO 30 DESTE AUDIO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos