6 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Mazaricos aproba uns orzamentos que destacan polo incremento do gasto social

O concello de Mazaricos aprobou os seus orzamentos para este ano 2021 co voto a favor do BNG e en contra de PP e PSOE. Segundo explicaron desde o goberno local o orzamento ascende a 4,5 millóns de euros e destaca “polo forte incremento en investimento social, xa que os gastos de protección e promoción social medran ata os 684.711 euros (cun incremento de máis de 400.000 euros)”.

Aposta polos servizos sociais

O propio alcalde, Juan Blanco, sinalou que este incrementoen investimento e protección social representa “a forte aposta deste Goberno polos servizos sociais para facer fronte á emerxencia causada pola covid-19 e asegurar a recuperación económica”. Puxo en valor o aumento da partida para emerxencia social “xa que se prevé que as situacións deste tipo irán incrementándose debido á situación social que estamos vivindo”.

Dentro das previsións relacionadas coa pandemia, inclúense a compra de EPIs ou o servizo de transporte para persoas maiores con baixos ingresos, así como servizos de desinfección especial de dependencias municipais. 

Apóstase polos servizos de rehabilitación física e cognitiva a domicilio. Os orzamentos tamén prevén as axudas escolares para transporte e material escolar. En canto ás axudas a empresas, estas xestionaranse a través da achega municipal (10.000 euros) ao PEL REACTIVA provincial, polo que non se inclúen no proxecto aprobado onte en pleno. 

Investimentos en Mazaricos

No apartado de investimentos inclúese a mellora de camiños rurais con cargo á subvención do AGADER e as obras solicitadas con cargo ao POS 2021. Isto inclúe melloras en camiños rurais nos lugares de Grille, Lago, Maroñas, Señorío e Zanfoga, así como a rehabilitación de firmes e outras actuacións complementarias nos camiños rurais das parroquias de Antes, Beba, Chacín, Coiro, Corzón, Maroñas e Vao, e a mellora da pavimentación na rúa Rei Ferradás e nos camiños de Ventín e da área recreativa na Picota e rúas Casteliño e Santa Olaia en Pino de Val. 

Desde o concello de Mazaricos informan que neste orzamento tamén se inclúe a obra de mellora da infraestrutura municipal na captación de Santa Baia e na ETAP de Pino de Val,obra incluída no POS complementario e que depende da aprobación definitiva.

Asemade, contémplanse intervencións en infraestruturas como a mellora da eficiencia enerxética da casa de cultura e a reforma e ampliación do edificio de Protección Civil da Picota, obra esta última para a que se está a tramitar a solicitude dunha subvención nominativa á Deputación Provincial. Os Orzamentos tamén prevén a adquisición dun dron de loita contra os incendios.Sobre os investimentos en obras, o rexedor lembra que o Concello “conta cun remanente de millón e medio de euros”, polo que o investimento real en obras mellorará as previsións do orzamento.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos