Estes foron os programas e os contidos de «Na Encrucillada» o 18, 19, 20 e 21 de maio.
Falamos do Camiño de Santiago con Antón Pombo e escoitamos a historia musical e vital de Antonio Rodríguez
Venres 21 de maio. . Iniciamos o programa con titulares, previsión meteorolóxica e noticias comarcais. E falamos sobre o Camiño de Santiago e sobre un artigo seu en Gronze.com, co historiador e xornalista especializado Antón Pombo (desde o minuto 28).Despois de actualizar noticias e datos sanitarios conversamos con Antonio Rodríguez Caamaño(desde o minuto 62), sobre música, emigración e historias de superación persoal.
ESCOITA AQUÍ
Especial sobre a problemática do #Lobo co divulgador Chisco Lema e coa portavoz de Convivencia Lobo, Mercedes Fernández
Xoves 20 de maio.Iniciamos o programa con titulares, previsión meteorolóxica e noticias comarcais. E falamos do lobo co divulgador e veterinario, Francisco Javier Lema Fuentes (desde minuto 31). Lembramos a Manuel Fuentes Pedreira, policía asesinado fai 35 anos, e falamos coa portavoz da Plataforma en Defensa de la Gestión del #Lobo “Convivencia Lobo”,Mercedes Fernández(desde minuto 69). E con máis noticias e música completamos o noso percorrido.
ESCOITA AQUÍ
De historias do Xallas e músicos porteños con Rafael Lema e de avicultura con Santi Rivero
Mércores 19 de maio. Iniciamos o programa con noticias comarcais, titulares de prensa e o tempo antes de ir con protagonistas.Con Rafael Lema (desde o minuto 15) falamos do documento de 1362 sobre Santa Comba, da riqueza arqueolóxica das comarcas de Xallas e Barcala e tamén lembramos grandes músicos porteños como Antonio Rodriguez, Francisco Rodriguez Caamaño ou Evaristo Figueiras. E falamos de paxaros moi curiosos, os que cría Santi Rivero (desde o minuto 66)algúns deles especies vulnerables como o periquito cornudo. E con música e máis noticias rematamos a cita deste día.
ESCOITA AQUÍ
Actualidade co deputado Rubén Lorenzo e do XallasLab con BeatrizVarela
Martes 18 maio.Iniciamos o programa cuns versos de Xela Arias, o tempo e os titulares dos xornais e despois falamos co deputado autonómico do Partido Popular de Galicia Rubén Lorenzo Gómez (desde o minuto 16). E compartimos as noticias comarcais e a crónica do último pleno de #SantaComba (con audios desde o minuto 46)📌antes de conversar coa delegada de Ayuda En Acción en Galicia Beatriz Varela (desde o minuto 72) Coa nosa convidada falamos do #XallasLab, da colaboración co concello de SANTA COMBA . Con máis noticias e música completamos este programa.
ESCOITA AQUÍ