4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Melloras na contorna da fonte de Vilamaior

O concello de Santa Comba está executando melloras na contorna da fonte “Santa” de Vilamaior, que permitirán a  eliminación de barreiras arquitectónicas e o adecentamento da zona.

O alcalde xalleiro, David Barbeira, que realizou unha visita para comprobar a evolución dos traballos, agarda que as obras se rematen antes do 15 de agosto, data de celebración da “Virxe de Vilamaior”.

Forte tradición

Estamos diante  dunha festa de moita concorrencia e devoción, que tradicionalmente atrae a milleiros de persoas a esta parroquia xalleira.Desde o concello lembran que esta actuación era unha vella demanda veciñal e que “A fonte da Nosa Señora de Santa María de Vilamaior é unha das cinco fontes santas que ten o Concello de Santa Comba dentro do seu patrimonio artístico e cultural, o que nos indica unha gran tradición dos cultos hídricos no noso Concello”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos