14.2 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

Repaso a unha intensa semana en Radio Xallas (do 10 ao 14 de maio)

Este é o repaso a cinco días de radio en Radio Xallas, con noticias, axenda, música, reportaxes sonoras, poesías e unha ducia de protagonistas. Grazas a tod@s

VENRES 14 DE MAIO

Iniciamos o noso percorrido con versos de Xela Arias, titulares de prensa, previsión meteorolóxica ennoticias comarcais. Despois abordamos a problemática do lobo e outros temas co divulgador Álex Lachhein  (desde minuto 27) Comentamos novidades do  Vasa “Toniño”(minuto 60) que medra espectacularmente, e logo falamos da lei de recuperación de terras e da xestión do lobo con Jacobo Feijoo (desde o minuto 67) de Unions Agrarias-UPA. E con SorayaLema (desde o minuto 88)Urdime falamos do “Exército das Paxariñas”, obra que se representa este sábado en Santa Comba. E completamos o percorrido con noticias, datos sanitarios e música.

XOVES 13 DE MAIO

Iniciamos o programa deste xoves con titulares de prensa, o tempo, noticias e felicitando a avoa de #SantaComba, María Josefa Espasandín Caamaño, que cumpriu 107 ano. A primeira protagonista das nosas entrevistas foi a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego Isabel Vilalba (desde o minuto 24). Despois comentamos o eco que tivo en distintos medios a noticia avanzada por Radio Xallas sobre o nacemebnto do primeiro #CoracopsisVasa en Galicia (minuto 50). E seguimos falando do sector lácteo e da lei de recuperación de terras agrarias co portavoz da asociación de Gandeiros, Agromuralla Agromuralla Roberto López(minuto 60). E coa axuda do mestre gaiteiro Pablo Seoane Méndez lembramos ao ilustre gaiteiro, Manuel Dopazo Gontade (minuto 89) . E con noticias e música completamos esta cita radiofónica.

MÉRCORES 12 DE MAIO

Este mércores 12 de maio Na Encrucillada tivemos tres protagonistas. Despois dos titulares, das noticias comarcais e da previsión meteorolóxica, falamos con Paco GarcíaTrigo (desde o minuto 31) voceiro da Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra. Logo conversamos con  Andrea Pousa (desde o minuto 61) sobre o seu novo disco “Retorno”(Altafonte Spain). . E por último charlamos co presidente de  Africor Coruña Fernando Suárez Mouro (desde o minuto 86)

 

Martes 11 de maio 

Iniciamos o programa de hoxe co tempo, titulares de prensa e falando do inolvidable Félix Rodríguez de la Fuente con Odile Rodríguez de la Fuente( desde el minuto 21. Despois chegaron as noticias comarcais e presentamos o proxecto As Aventuras de Luli con Pablo Gayo, Rocío Facal e Ángela Barbeira (desde minuto 60) . Con máis noticias e música completamos esta emisión.

Na Encrucillada luns 10 de maio

Arrancamos o programa co tempo, titulares, datos do sector lácteo e protagonistas. Falamos co portavoz do Partido Popular no concello da Baña, Andrés García Cardeso (desde o minuto 21). E logo conversamos co perruqueiro e estilista Carlos Bardullas (desde o minuto 59). A continuación as noticias da comarca, e música.

ADIANTE TV – ODILE RODRÍGUEZ DE LA FUENTE 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos