12.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

O Partido Popular critica a “irresponsable xestión” de Iago Toba como presidente da CMAT

O Partido Popular criticou a “inacción e deixadez” dos socialistas a fronte da CMAT (Costa da Morte Asociación Turística), sinalando ao presidente da entidade, Iago Toba, pola súa “irresponsable xestión” que consideran moi prexudicial para un sector, o da hostalería e o turismo, moi tocado durante o último ano”. 

Os populares fixeron estas afirmacións logo dunha xuntanza dos representantes do partido na Costa da Morte e Bergantiños, que contou coa presenza do presidente provincial do Partido Popular da Coruña, Diego Calvo, do vicesecretario de Organización e Territorio, Evaristo Ben, e do delegado territorial de la Xunta, Gonzalo Trenor.

Aseguran que esta situación de “inactividade” está afectando a distintos proxectos e acusan ao alcalde de Muxía, Iago Toba de non preocuparse “de pagar ás empresas colaboradoras para dar saída a iniciativas pendentes e que serían moi importantes para a recuperación económica que temos por diante”.

Segundo o PP “estamos saíndo dunha situación durísima para o sector turístico, e entre todos temos que fomentar que veña xente a esta zona. Se nós mesmos non somos capaces de traballar desde a CMAT, mal imos”.

Camiño dos Faros

En canto ao proxecto dos Camiños dos Faros, todos os representantes do PP nas comarcas de Bergantiños e a Costa da Morte mostraron a súa vontade de traballar na mesa dirección para lograr a homologación da ruta. 

Durante o encontro, Diego Calvo puxo en valor o labor realizado polos alcaldes durante a larga pandemia sanitaria, asegurando que os rexedores populares da zona “estiveron á altura das circunstancias”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos