15.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Aprobación definitiva da Conta Xeral 2019 con debate sobre subvencións en Santa Comba

O concello de Santa Comba aprobou este venres a conta xeral de 2019 cos votos a favor de Compromiso e PSOE e a abstención do PP.

Ucha:”Tiñamos que estar falando da perda de subvencións”.

O portavoz socialista José Antonio Ucha lamentou a tardanza en aprobar a conta xeral e puxo o acento nas axudas supostamente perdidas:”Tiñamos que estar falando da perda de subvencións”. Lembrou que o seu grupo solicitou información e volveu a preguntar:Canto perdeu Santa Comba?.

Barbeira agarda que non se perdan subvencións

David Barbeira recoñecu que hai recursos presentados por unha subvención do servizo de socorristas “e por algunha máis”, pero pediu “non poñer o carro diante dos bois xa que de momento non hai nada”. O alcalde pensa que hai “base xurídica” para que non se perdan subvencións polo retraso na aprobación da Conta Xeral.

O PP critica a falta de transparencia e de xestión

Desde o Partido Popular, María Pose, criticou a “falta de xestión”, o “oscurantismo” e a “malversación” do mandatario. A concelleira Esther Espasandín recriminou a Barbeira a falta de búsqueda de consenso para os horarios dos plenos extraordinarios e pediu explicacións polos gastos dos servizos xurídicos.

“Intento gastar no que fai falta” precisou Barbeira, mentras que Ucha Velo reiterou en denunciar que hai subvencións que “de momento están perdidas” e outras que “non se tramitaron”. Tamén aludiu a chegada da remuda na alcaldía pactada:”Está a punto de vencer o prazo. Cando lle retiremos o apoio vostede xa está fóra”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos