10.8 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

“As aventuras de Luli”: un proxecto para activar á infancia

– Xosé Manuel Lema-

A raposiña Luli visitou hoxe Radio Xallas. Chegou acompañada de Ángela Barbeira, Rocío Facal e Pablo Gayo. Mentras “Luli” rebuldaba polos estudios radiofónicos, os seus acompañantes falaron no programa “Na Encrucillada” do proxecto que leva o nome deste animaliño.

Entrevista a partir do minuto 60

“As aventuras de Luli” é un proxecto no que participan 45 alumnos de “Didáctica da expresión e comunicación corporal” do grao en Mestre/a de educación infantil da Universidade de Santiago de Compostela.

“Consta dunha serie de catorce vídeos onde os rapaces traballan a expresión e a comunicación corporal e a motricidade infantil. Queremos recuperar espazos que fomos perdendo coa pandemia” relata Pablo Gayo.

#luliaventuras é o hastagh

Os vídeos compártense nas redes sociais Instagram, Facebook e Youtube a aínda que van dirixidos a meniños de 0 a 6 anos, búscase unha implicación maior:”Dámoslle moita importancia á colaboración das familias” explica Ángela Barbeira. Esta estudante xalleira detalla que as redes sociais foron elexidas mediante unha enquisa. E de momento a cousa non vai mal:”Non pensamos que fóramos chegar a tanta xente” conta.

Con cada vídeo, unha proba para superar que se enmarca dentro dun mapa máxico. Con cada reto conseguido unha chapa de agasallo.

E sobre a curiosa raposiña falou Rocío Facal:”Queríamos un animal tradicional de la fauna gallega. Y femenina porque mayoritariamente somos chicas”. E a raposa foi a máis votada.Agora só resta desexarlle moita sorte a estes mozos.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos