13.9 C
Santa Comba
domingo, junio 4, 2023

A Ruta da Auga de Zas, roteiro de sendeirismo homologado

Non fai moito que o blogger xalleiro Rafa Pérez, que dirixe a web Viajando el Mapa, nos falaba das excelencias desta ruta do concello de Zas.Agora a noticia é que a Federación Galega de Montañismo certificou este traxecto como sendeiro de pequeno percorrido coa denominación PR-G 250.

A Ruta da Auga de Zas conta cun percorrido de dez quilómetros que discorren pola parroquia de Gándara e que ofrece moitos atractivos para o camiñante. As fervenzas de Budián, Parga e Rabiñoso, muíños, pontellas, cabazos, mámoas, castros e abellarizas. Sen esquecer a rica flora e a fauna.

É un percorrido circular de dificultades media que comeza e remata na ponte do Sisto. Está sinalizado.Desde o concello de Zas valoraron esta homologación. “A incorporación da Ruta da Auga como PR-G reforza aínda máis a riqueza natural e o patrimonio da zona” declarou o alcalde Manuel Muíño Espasandín.

FOTOS- RAFA PÉREZ

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,843SeguidoresSeguir
1,130SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos