7.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Carlos Bardullas:”As raíces son as que levas contigo. Estou orgulloso de ser da Ponte do Porto e da Costa da Morte”

– Xosé Manuel Lema-

Aparte de ser un profesional de primeiro nivel (Non o digo eu. É algo acreditado pola súa propia traxectoria”, Carlos Bardullas é un fillo agradecido da terra:”As raíces son as que levas contigo. Estou orgulloso de ser da Ponte do Porto e da Costa da Morte.Non se pode esquecer onde é un. Incluso me dín que son un presumido da Costa da Morte”.

Entrevista a Carlos Bardullas- Desde minuto 59

E precisamente na Ponte do Porto lembran os seus inicios humildes e esforzados.”Quería facer decoración e encontreime con este mundo por casualidade. Pero sempre me gustou isto” conta o noso amigo.Hoxe é unha referencia da perruquería de autor e no estilismo.  No seu salón de saúde corporal e beleza, ubicado na Coruña (Bardullas & Vidal), non é fácil ter cita:”Temos o ano totalmente cuberto. Temos clientes de toda Galicia e de España pero tamén de fóra” comenta.

Sistema Ambidextra

Ademais conseguiu que o “ficharan” para ser embaixador de marcas comerciais e incluso inventou e patentou o novidoso “sistema ambidextra”. 

Un sistema de corte de Carlos Bardullas realizado “coas dúas mans que produce un cambio na estrutura capilar e aporta ou elimina volume segundo as necesidades dos cabelos”. Está sendo un éxito.

“Estou logrando os sonos que tiña” o estilista porteño recoñece que o ritmo de traballo vertixinoso pero era o que buscaba. É o único estilista que conta con tres nominacións ós Galardóns Nacionais de Perruquería, coa colección “Son de Mar”, onde se inspira (que raro non?) na Costa da Morte.

Polo seu apego á terra foi unha ilusión participar na Mostra do Encaixe de Camariñas:”Foi algo único e moi emocionante. Fíxome máis ilusión que calquera gala internacional”. Por ser no seu concello natal e porque lembra que fai moitos anos presentouse no evento para ofrecer os seus servizos. “Presenteime porque quería peitear as modelos”.Hoxendía peitea modelos e fai moitas cousas máis. É Carlos Bardullas, un orgullo de veciño, un exemplo de profesional.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos