“Os veciños pedíannos que presentáramos a moción de censura” asegurou a concelleira Raquel Fondo no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas. Pensa que queda por diante unha lexislatura “dura” e está convencida a pelexar nos tribunais polo que considera un dereito:”Consideramos que se vulneran os nosos dereitos como concelleiros e teremos que recurrir ao xulgado”.
Entrevista a Raquel Fondo desde o minuto 37
Fondo insistiu na esencia da problemática que se vive en Ponteceso:”Dez concelleiros dunha corporación de trece, non estamos de acordo coa maneira de gobernar do señor Carballido”.
Un alcalde ao que atribúe “unha xestión económica catastrófica e falta de transparencia” e ao que lembra que “segue gobernando en minoría”. Un dos obxectivos da oposición e acceder a información para “descubrir o burato económico que hai no concello” porque a xestión “é moi escura”.
Raquel Fondo anuncia que promoverán unha auditoría e avisa:”Non imos deixar de pelexar por defender aos veciños”.