13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Os non adscritos de Ponteceso:” O Sr. Alcalde vese coma o claro vencedor da película cando segue tendo clara minoría”

Hoxe mércores as 11,30 a concelleira Raquel Fondo falará en Radio Xallas

 

Comunicado dos concelleiros non adscritos

 
A maioría das opcións que tiñamos para liberar o pobo de Ponteceso de este alcalde foron intentadas e loitadas con todas as nosas ansias pero lamentablemente, a nosa loita non tivo o final que tanto ansiabamos.
 
Eramos coñecedores de que a lei non estaba da nosa parte xa que existe un artigo que deixa sen validez os nosos votos e niso fundamentanse para tumbar a moción de censura presentada o luns. Ainda así, presentámola porque non perdiamos nada, porque tiñamos consenso con toda a oposición e porque os veciños pedían e merecían que o intentásemos e poder liberar o pobo de un dictador. 
 
Lamentablemente o resultado foi negativo gracias a que a persoa encargada de darlle paso valorou e informou de maneira que non se pode nin chegar a debatir e que logo o decida un xuíz. Esta persoa que se adiantou e emitiu un informe meses antes de ter o expediente sobre a mesa, o cal deixou en evidencia a transparencia dos procedementos municipais.
 
A situación despois de todo isto non cambiou, o Sr. Alcalde vese coma o claro vencedor da película cando segue sendo grupo con clara minoría. Nas súas declaracións persoais(que por certo, divulga nos perfís oficiais do Concello nas Rrss) chama a cordura e só nos queda dicirlle que siga facendo autoexamen, porque que a lei o ampare e permita que siga sendo o alcalde de Ponteceso non quere dicir que as 10 persoas que conforman o pleno xunto con él están de acordo en que vostede non está capacitado para gobernar, porque nin sabe dialogar nin sabe xestionar e moito menos sabe de transparencia, que é o que lle levamos esixindo hai mais de un ano. 
 
Sexa consciente de que a alcaldía pode mantela pero a maioría non a ten e debería cambiar a súa estratexia se quere que Ponteceso non quede sumido nunha parálise durante dous anos que lle quedan de mandato. Porque será vostede o único culpable de tal situación. Non imos acceder a chantaxes, a mitins improvisados nin menosprezos persoais nas sesións plenarias nin a bloqueos de ningún tipo. Comece por proporcionar a información que lle sexa solicitada se quere levar a cabo as mocións, comece por dar trámite as mocións solicitadas e suxerímoslle que cambie ese trato que recibimos pola súa parte porque aínda coa alcaldia,vostede ten unha oposición de 10 persoas frente a tres do grupo de goberno, das cales precisa se quere que Ponteceso non quede sumido no bloqueo. Estas 10persoas, ao igual que vostede, tamen foron votadas e teñen unha acta a cal tamén foi acadada polo voto dos veciños e polo tanto tamén son a representación dos mesmos pese a non dicir o que vostede quere oir.
 
A única baza que nos queda é a do partido, a do PsdeG, de que sexa consciente de que prioriza a un alcalde frente a todo un pobo, a un alcalde que fala de inversións de 2000€ mensuais en prensa, fala de  “pedir tickets a locales de confianza”, desprecia aos propios traballadores do concello, duplica facturas cos empresarios amigos, etc.
 
Esa é a representación que teñen en Ponteceso baixo as suas siglas e permiten que siga gobernando sen ningún tipo de consecuencia e sendo os veciños os que paguemos as consecuencias de toda esta turbia xestión. Se realmente lle importara Ponteceso xa o terían apartado do seu posto, e cesarian con este espectáculo deplorable no que o alcalde é o protagonista principal.
 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos