10.4 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Iago Toba:Por que non falan nas comisións e están pedindo unha reunión mediática?

O alcalde de Muxía, Iago Toba, participou no programa “Na Encrucillada”.

Entrevista a partir do minuto 19

Iago Toba explicou que estaba traballando para tentar que non se perdan os fondos do Plan de Obras e criticou o voto en contra de PP e dos non adscritos xa que “a alternativa é perder os cartos”.O mandatario pregúntase “porque se aproba o POS e despois se deixa bloqueado”. Él mesmo ofrece a resposta:”Queren tirar a este goberno sexa como sexa”.

Toba non cree na proposta de diálogo que lanzan desde a oposición:”Hai que ter unhas condicións minimas de respecto.Eu séntome nunha mesa en condicións, non con insultos nin con chantaxes á veciñanza. Eles parten do ataque, da negativa e dos insultos persoais”.

«As comisións informativas duran dous minutos»

Para o líder socialista local “sentarse nunha mesa é como sentarse nun pleno”. E recrimina que a oposición, por exemplo, non aproveite un mecanismo como son as comisións informativas:”As comisións informativas duran dous minutos. Hai cero debate. E esa é unha boa mesa de negociación onde están todos representados”.

Porqué non falan nas comisións e están pedindo diálogo de bar,unha reunión mediática, de espectáculo?, preguntouse Iago Toba desde os micrófonos de Radio Xallas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos