//O alcalde anuncia a declaración de loito oficial desde as 00:00 horas do 2 de maio ata as 23:59 horas do 4 de maio de 2021//
O alcalde de Santa Comba, David Barbeira, difundiu un decreto no que fai unha lembranza do recentemente falecido Julio César Camargo Barcellos, que desde o 1999 ostentaba a medalla Terra de Xallas(Ouro) e o nomeamento de Fillo Adoptivo de Santa Comba, por ser “un dos artífices e promotores do pacto de irmandade entre a Cámara Municipal de Río de Xaneiro (Brasil) e o Concello de Santa Comba”.
O alcalde anuncia a declaración de loito oficial desde as 00:00 horas do 2 de maio ata as 23:59 horas do 4 de maiode 2021.Durante eses días ondearán a media hasta as bandeiras en todos os centros e edificios públicos municipais.
MINUTO DE SILENCIO O LUNS 3 DE MAIO
O vindeiro luns 3 de maio gardarase un minuto de silencio na honra de Camargo, ás 12,00 da mañá na Casa do concello. Tamén se pretende “organizar un acto público de homenaxe tan pronto as condicións sanitarias o permitan”.
Asemade desde o concello de Santa Comba mostran “as condolencias e a solidariedade deste concello e o de todos os veciños de Santa Comba á familia” a a trasladan tamén á Cámara Municipal de Río de Xaneiro (Brasil).