A concelleira non adscrita, Mónica Vilela, asegurou que o voto negativo no pasado pleno “non foi un capricho”, se non a consecuencia da actitude personalista de Iago Toba:”Estamos cansados de que o alcalde non fale con nós. Está en minoría. Pero non fala coa oposición”.
Vilela ten claro que “un bo xestor é o que dialoga”. Advertiu que se o mandatario non busca a negociación, tampouco recibirá apoio:”Non estamos dispostos a seguir o seu xogo. Hai que chegar a acordos”.
“Non somos o seu xoguete”
Atribúe ao “orgullo”, a “inquina” e a “rabia” de Toba a súa negativa a ter contactos coa oposición:”Se non quere falar non imos a ningún lado. Non somos o seu xoguete. Que veña a falar con nós, non é tan difíci. A oposición tamén ten dereitos” afirmou Mónica Vilela.A concelleira reivindicou o traballo das demáis persoas que formaron parte do equipo do PSOE de Muxía:”Non está aí por méritos propios”.