6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

García Carballido sobre a oposición:”Non me fale deses concelleiros que están a destruir todo”

O alcalde de Ponteceso dixo no programa “Na Encrucillada” que non quere falar sobre os concelleiros da oposición “que rexeitan un millón de euros da Deputación” e que “están a destruir todo”.

Entrevista a Carballido- Desde minuto 31

“Non me fale deses concelleiros. É perder o tempo. O que fan non ten nome” afirmou García Carballido que usou a retranca para criticar os seus rivais políticos:”Dixéronme que ían a coller un pico e unha pala e van a romper todas as obras feitas”.

Cómo non vai a estar perdido o POS!! dixo Carballido, que está convencido que fixo todo o posible para buscar diálogo “con ofertas, reunións” e incluso unha convocatoria na Deputación “a que non se presentaron”.

«A xente está petando ás portas do PSOE de Ponteceso»

Esta mesma tarde, chegou a esta redacción un correo anónimo cun pantallazo dun texto que supostamente o Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, remitiu aos portavoces de PP, APIN e no que se convidaba tamén a un único representante dos non adscritos a unha xuntanza o venres 27 na Deputación.

Pola súa banda, Lois García apostou por “pasar páxina” sobre este asunto e indicou que o “que nos ocupa é traballar para mellorar a vida da xente”, e puxo en valor a renovación da executiva local do PSOE cun equipo “moi activo”, e informou que “a xente está petando ás portadas do Partido Socialista en Ponteceso”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos