Onte xoves o concelleiro non adscrito, Miguel Ángel González, falaba no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, desde onde se refería á situación actual de Ponteceso.
Entrevista desde o minuto 75 do audio
Hoxe os concelleiros non adscritos remiten esta nota
Tras o último «mitin» dado polo Alcalde no salón de plenos, usando unha canle oficial do Concello, acusándonos de falta de interese no benestar dos veciñ@s, reiterámonos na postura manifestada durante todo este tempo. Non iremos a plenos inútiles onde o único que consíguemos é gastarlle os cartos os nosos veciñ@s. Non monte circos, negocie, chegue a consensos, deixe reunirse os portavoces e convoque un pleno proveitoso e cunha finalidade Real.
Por outro lado acusounos de non acudir a unha reunión na Deputación, rogamoslle que non minta e non engane máis, a realidade e que o vicepresidente emplazounos a unha xuntanza a celebrar con posterioridade o pleno, por certo reunión solicitada por nos para aclarar esta desastrosa situación do Pos.