Xosé Manuel Lema-
Cunha peza derrubouse todo o castelo do POS 2020 de Muxía.Unha modificación aparentemente de trámite, plantexada polo alcalde nun pleno extraordinario, para corrixir erros técnicos e partidas económicas en varios proxectos(incluindo novas previsións no plan complementario), foi rexeitada por PP e non adscritos coa abstención do BNG.
“Isto significa que se tira abaixo todo o POS” apuntou Iago Toba denunciando que “hai que ser mala persona para facerlle isto ós veciños”.
”Cando queira chegar a acordos aquí ten o PP”
Sandra Vilela lembroulle ao alcalde que “levamos moito tempo advertindo que a democracia trátase de dialogar e negociar e non de facer o que lle dea a gana”.
Desde o PP aseguran que Toba “non ten criterio, goberna a base de iluminacións e non imos ser cómplices de todo isto”. Recrimínanlle a súa “actitude ditatorial e victimista e a manipulación mediática”. Vilela insiste en pedir diálogo:”Cando queira chegar a acordos aquí ten o PP”.
Mónica Vilela e o BNG piden diálogo tamén
Tamén votaron en contra os dous concelleiros non adscritos presentes na sesión, Mónica Vilela e Manuel Caramés.”Cando estabamos no goberno no contaba con nós para nada e agora igual” manifestou Mónica Vilela que aclarou que non ía apoiar as propostas do goberno mentres o alcalde “non queira dialogar”.
O Bloque tamén criticou a actitude do mandatario socialista muxián.”Está prexudicando a este concello coa súa teima de non querer falar con ninguén” afirmou Carlos Concheiro.
Valentía para unha moción de censura
E polo visto, Iago Toba non está disposto a falar:”Non me vou a sentar a falar con que me apuñalou e con persoas que lle fan dano á institución de Muxía como é o PP”.Toba convidou á oposición a facer unha moción de censura:”Hai que se valentes e tirar para adiante”. Sandra Vilela afirmou que xa estaría presentada pero “vostede sabe que non é legal”.
“Están prexudicando ao pobo e iso estao vendo a xente” dixo Toba, censurando “unha unión totalmente artificial para quitarlle a Muxía propostas reais e traballadas por este goberno”.