7.1 C
Santa Comba
lunes, abril 1, 2024

Apróbase o Plan Económico con reproches do PP e do PSOE á xestión do alcalde xalleiro

CxG e PSOE aprobaron o “Plan Económico e Financeiro” do concello de Santa Comba para “a contención  do  gasto xenérico”. Despois dun desequilibrio nas contas duns 242.000 euros.

Así informou David Barbeira, que recibiu as queixas dos seus socios de goberno, PSOE, e do único grupo da oposición, o Partido Popular.“Non lle fixo caso o Plan Económico anterior. Non se está controlando o gasto. Non se preocupa nin de aforrar nin de xestionar” declarou María Pose(PP).“Búrlase dos plenos. Fai o que lle dá a gana. Gasta sen control e sen procedemento” dixo o socialista José Antonio Ucha.

O mandatario defendeuse criticando o gasto do PP nos últimos meses de lexislatura previos ás eleccións:”Gastouse o que non estaba escrito, unha barbaridade”. Barbeira afirmou:”Non sei se o estou facendo ben pero peor co PP e co PSOE non”.

Relevo na alcaldía de Santa Comba

Ucha denunciou a perda de subvencións e a falta de orzamentos e conta xeral, cualificando ao mandatario de “falabarato”. Lembroulle que “vai ter que cumprir a súa parte do acordo” asegurando que haberá “relevo” na alcaldía.”Dentro de dous meses vostede será un recordo”.Barbeira mantivo a discusión do seu primeiro tenente de alcalde:”Vostede ten unha dedicación que se pasa polo forro. Nunca cumpre a súa palabra”.

Tamén se trataron outros asuntos pero non se acordou nada máis. O alcalde plantexou prolongar durante todo o 2021 con opción ao 2022 prezos por ocupación de terrazas. O PSOE expresou as súas dúbidas pola vixencia do acordo polo inminente remate do Estado de Alarma, aínda que Barbeira precisou “que iso non ten nada que ver”. Desde o PP, Silvia Cancela, considera un erro que na ordenanza se beneficie ós locais cun tempo de ocupación menor. O asunto quedou sobre a mesa.

Rexéitase crear unha comisión para estudiar a xestión da auga

David Barbeira tamén presentou unha proposta para crear unha comisión que elabore un estudio “para ver se é viable” a xestión directa por parte do concello da agua. 

PSOE e PP consideran que eses informes xa se poden realizar sen necesidade de crear unha comisión.”O estudio tiña que estar feito sen ningunha comisión. Forma parte do traballo diario” apuntou María Pose. Ucha Velo convidou ao rexedor a “poñerse a traballar” e lembrou que “para o servizo da Seguridade Social non creou ningunha comisión”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos