13 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

A oposición de Ponteceso quere unha xuntanza con González Formoso para tratar sobre o POS

Esta fin de semana os grupos da oposición difundían unha nota de prensa que reproducimos a continuación:

A situación de Ponteceso é dunha gravidade máxima, e o Alcalde lonxe de querer solucionala, complícaa máis. Fai dúas semanas comunicou que o POS para Ponteceso estaba perdido. Irrecuperable. 

Nós sabíamos que o POS non estaba perdido como tamén sabemos q o único culpable é o ALCALDE, pero quen se pode fiar de alguen que di un día que o POS estaba perdido e ahora aparece de novo. Parece o rio Guadiana que aparece e desparece. 

Pois mire Sr Alcalde deixe de gastar os cartos dos nosos veciñ@s en plenos inútiles, e dígalle o Sr Valentín Formoso, que polo que se ve a vostede lle fai caso, cómo máximo responsable desta situación que nos aclare a realidade do POS e deixemonos de xogos de «agora si, agora non». 

Ponteceso decimos que SI QUEREMOS UN POS, un POS consensuado entre tod@s, un POS REAL para o beneficio dos veciñ@s, que por eles estamos aquí, sin trapalladas e sin mentiras e con Lois G, Carballido e imposible. Queremos que o presidente da Diputación , o señor Valentín Formoso nos convoque para a reunión solicitada no seu día e nos aclare todas estes puntos. Transparencia, seriedade e honradez. Esto e o que queremos que nos traslade o Presidente da Diputación. O señor Carballido non e interlocutor valido. Perdeu a credibilidade 

O alcalde siempre usa a extratexia de facerse a víctima e poñernos ós veciños en contra, como aquí queda demostrado no tema do POS.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos