13.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

José Veiga: “Queremos ser escoitados polo Vicepresidente Sr. Rueda”

O presidente da asociación Servizos de Festas de Galicia(SERFEGA), José Veiga, resumiu as súas peticións nunha frase:“Principalmente o que pedimos é que nos atenda o Vicepresidente da Xunta, o Sr. Rueda”.

E por qué él?-Foi o que negociou todos os sectores que se rescataron- afirmou

Nunha completa entrevista en Radio Xallas, explicou a problemática que afecta a pulpeiras, pirotecnias, empresas que alugan carpas, alumeado, ou que venden xeo. Falan dunhas 450 empresas e de máis de 4.600 traballadores.

Non entenden como non son recibidos xa que o que pretenden “é prestar a nosa colaboración para sentarnos nunha mesa de diálogo para explicarlles as problemáticas á hora de facer unha festa. Queremos que haxa seguridade pero hai maneiras”.

Escoita aquí a entrevista a José Veiga- Desde o minuto    -67-

No programa “Na Encrucillada”, Veiga Cruz tamén falou das reunións que houbera nun principio e criticou a xestión da Xunta sobre créditos do IGAPE ou “unha xuda a fondo perdido que nunca chegou”.

“Somos o primeiro sector afectado. Estamos sen actividade. Paramos en marzo de 2020 e nunca máis volvemos a arrancar. Agora mesmo estamos con axudas 0 e con moitas empresas pechadas” afirmou.

Concentración o 28 de abril ás 9 diante do Parlamento de Galicia

José Veiga deixou claro que “non queremos que nos manteñan, queremos traballar con seguridade e cun protocolo viable”. Pensa que co actual protocolo as festas son inviables para as propias comisións de festas, por uns aforos reducidos a pesar de ser ao exterior, e pola responsabilidade que deben de asumir os promotores destes eventos.

O vindeiro 28 de abril SERFEGA convocou unha concentración diante do Parlamento de Galicia. Nun día no que o presidente da Xunta asistirá ao pleno da cámara para responder as preguntas da oposición. “Queremos ser escoitados” insisten.

Foto portada e primeira interior- TVG

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos