5.5 C
Santa Comba
domingo, marzo 31, 2024

Non houbo ningún achegamento en Ponteceso

A xuntanza prevista para a tarde-noite deste mércores no concello de Ponteceso, para falar sobre o Plan de Obras non chegou a celebrarse.

O alcalde Lois García Carballido asegurou que os representantes da oposición chegaron á hora estipulada do encontro pero “marcharon e  non quixeron sentarse cos tres concelleiros go goberno de Ponteceso”.

Segundo Carballido “a oposición de Ponteceso acaba de tumar a última oportunidade que tiñamos de aprobar Plan de Obras e Servizos”. Lamentou que “agora só hai bloqueos” e que “non contamos coa colaboración do resto dos grupos da oposición”. Confirmou que o vindeiro mércores 28 de abril haberá un pleno extraordinario para volver a tratar este asunto, e antes de que expire o prazo dado pola Deputación.

A opinión de APIN

Desde APIN acusan ao PSOE de incumprir o acordo plenario, xa que a xuntanza era de portavoces xa que “O PSOE preséntase na mesma cos seus tres concelleiros”. Lembran que a portavoz socialista é Noelia Varela.

Desde APIN engaden:”Non cumpren as normas, nin os acordos plenarios, debería caerlle a cara de vergonza alcalde, non portavoz. A vostede non debe interesarlle aprobar o POS, solo quere ser alcalde”.

O malestar tamén chegaba por parte dos non adscritos, que por unha parte criticaban, como APIN,  que o PSOE se presentara cos teus tres edís, e que logo chegara a afirmar que os non adscritos non podían estar representados nesta xunta de portavoces.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos