16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

A Xunta inviste 664.000 euros na rehabilitación do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou este mércores o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, onde a Xunta de Galicia vai acometer unha rehabilitación integral cun investimento de máis de 664.000 euros que segundo o goberno galego «suporá adaptar esta infraestrutura ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, dotado con máis de 191 millóns de euros».

Trenor, acompañado polo alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose,  mantivo unha reunión co equipo directivo para informar da licitación, da actuación que se vai levar a cabo e que ten como obxectivo principal a mellora do illamento térmico e da eficiencia enerxética, a reforma do pavimento no patio cuberto e a renovación dos baños.

Segundo explicou o delegado no que atinxe á eficiencia enerxética, o proxecto inclúe a substitución da cuberta do comedor e da biblioteca por outra de panel de sandwich, a substitución das carpinterías exteriores por aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e a colocación dun novo illamento exterior tipo SATE nas fachadas.

En canto ao resto de melloras, vaise a proceder á substitución de todo o pavimento do patio cuberto porque se atopa en mal estado e a renovación dos baños do colexio incluíndo a instalación dun baño adaptado.

Gonzalo Trenor lembrou que a Xunta ten “a obriga e a responsabilidade de coidar a máximo os centros educativos, xa que é o lugar onde os nosos fillos pasan a meirande parte do seu tempo, e non só para a adquisición de coñecementos, senón onde interactúan cos seus compañeiros, onde xogan e onde aprenden a socializar”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos