O portavoz municipal do BNG de Cee, Serxio Domínguez Louro, criticou a falta de diálogo por parte do goberno local.“Os gobernos teñen que dialogar coa oposición, e no caso de Cee representamos a moitísima máis xente.Debería ser obrigatorio que alcaldesa falase con nós, e non o fai” afirmou Domínguez.
Dubida sobre o papel de grupo da oposición de Ciudadanos que leva boa parte da presente lexislatura “votando todo co goberno, polo que non sei se considerar que son 4 ou 5 no goberno”.Lembrou que o BNG fixo unha proposta para os orzamentos “con cinco puntos negociables” pero a alcaldesa, Margarita Lamela, “non falou con nós para nada” a pesar de que “estamos pedindo cousas razoables”.
«Caso omiso» ás propostas do BNG
Referiuse ós saneamentos, axudas a entidades, becas a escolares, ou a dar unha solución á Fundación Fernando Blanco. “Pero fixo caso omiso. Demostra que o diálogo non é o forte dela” engadiu o portavoz nacionalista.
Nunha entrevista en Radio Xallas, que se pode escoitar neste audio, tamén falou da sentenza de anulación do ERTE en Xeal, e das propostas do BNG en referencias á deficiencias de internet e aos problemas nas depuradores e saneamentos.