-O peirao de Malpica acolleu esta tarde de sábado unha concentración en defensa da pesca deportiva
O balance dos organizadores é “positivo”. Pescadores chegados de distintos puntos da provincia asistiron a esta convocatoria para “dicir que estamos aquí e que non se olviden de nós”. Tampouco faltou o alcalde de Malpica, Walter Pardo e membros da corporación local.
Un dos promotores da concentración, Gonzalo Parafita, insistiu en poñer en valor a importancia da pesca deportiva:”Pedimos que nos abran os portos, que se poida pescar, como fixemos sempre porque é unha cousa moi importante para a xente, nenos e maiores, para os comercios dos pobos, a hostelería e as tendas de pesca”.
IMAXES- Foto portada e vídeo- Miguel Pita