Este sábado 17 de abril o porto de Malpica(17h) acollerá unha concentración de protesta polo peche dos portos. Un dos promotores da iniciativa é Gonzalo Parafita que falaba este venres no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.
“Pedimos que nos deixen pescar nos portos como se fixo toda a vida” afirma. Aparte das polémicas que poidera haber manifesta que “porque unha persoa salte un semáforo non imos a a cortar a estrada” e que a actividade nos peiraos, “está na nosa cultura desde sempre”, e crea riqueza para tendas de pesca, proveedores, hostelería e para a poboación en xeral:”Tamén para o turismo:” A xente non vén a tomar o sol, disfruta da gastronomía, pasea polos portos e pesca neles”.
Entrevista a Gonzalo Parafita desde o minuto 30
Parafita recoñece que hai negociacións coa Xunta pero “estanse retrasando” e critica a lentitude:”O que está no despacho cobrando non ten moita presa.A administración está para solucionar problemas e para facilitarnos a vida, non para complicala”.
Os pescadores recreativos convidan a sociedade a apoiar esta concentración:”Levo 50 anos pescando e non recordo ninguha norma que nos facilitara as cousas, todo son prexuízos” conclúe Gonzalo Parafita.