12.5 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

O BNG propón buscar solucións ás deficiencias en internet e no tratamento de augas residuais no concello de Cee

O BNG de Cee solicitou ao concello que “faga un estudo da situación da rede telefónica do noso concello para detectar aqueles núcleos onde é imposíbel acceder a internet por cable ou se fai en condicións moi precarias”.

Os nacionalistas píden ao goberno local que fagan as xestión oportunas diante das administracións autonómica e central “para o despregamento da fibra óptica” en todo o municipio.

Tamén propoñen que se elabore un informe das tarifas da internet no rural “para detectar posibles prácticas monopolísticas por parte das operadoras”. E con esta documentación na comisión correspondente analizarase “se procede presentar unha denuncia perante a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia”.

Problemas de depuradoras e saneamentos

Por outra banda, o portavoz nacionalista, Serxio Domínguez trasladou unha  petición ao goberno local para que se encargue a unha empresa especializada, un estudo en cada un dos núcleos onde existe depuradora para “diagnosticar os problemas das depuradoras e das redes” e “ofrecer solucións definitivas”.

Domínguez lembra que “temos a triste honra de contar con praias do concello non aptas para o baño. Estorde, Lires e A Concha son, ou foron ano tras ano, puntos negros nas listaxes do Sergas e temos que reverter esta situación”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos