13.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Lois Lado:”Cada vez que hai un proceso de selección en Corcubión sempre queda a sombra da dúbida”

O BNG de Corcubión presentou un recurso de reposición contra a resolución da alcaldía de adxudicar as prazas de oficiais de albanelería. Os nacionalistas, como xa informamos fai uns días, denunciaron supostas irregularidades no procedemento.Piden que se anule o proceso e se volva a realizar.

“Pedimos expediente e non había nin rastro da proba de galego e encontrámonos con dúas actas diferentes con diferentes calificacións e na web do concello só había unha”. Advirten tamén que hai un grande malestar e hai persoas afectadas e posiblemente o asunto podería acabar en mans da Fiscalía.

Entrevista a Lois Lado Na Encrucillada desde o minuto 64

“Hai que hai prexudicados e hai que anular o proceso. Os procesos teñen que limpos, con toda claridade e dar igualdade de oportunidades. Non se poden facer tramoiadas destas. E non é a primeira vez que pasa en Corcubión” declarou o portavoz do BNG, Lois Lado, no programa Na Encrucillada de Radio Xallas.

“Hai que rematar con isto. Cada vez que hai un proceso de selección en Corcubión sempre queda a sombra da dúbida” manifestou Lado, xustificando a iniciativa do BNG “por limpeza democrática”. Para este grupo “hai unha serie de irregularidades e o alcalde non pode ser alleo”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos