14.5 C
Santa Comba
martes, noviembre 5, 2024

O GES de Ponteceso responde a Carballido:”Tan só diremos que ese señor non nos representa”

Desde o Grupo de Emerxencias Supramunicipal do concello de Ponteceso(GES) saen ao paso das informacións relacionadas cunhas supostas declaracións do alcalde sobre este servizo.Aclaran que “en ningún momento nos adicamos a facer política, non nos pertence, estamos aquí para dar un servizo os veciños de toda a comarca dentro das nosas posibilidades cos medios dos que dispoñemos. Medios que se ven mermados polos constantes problemas co alcalde”.

Aseguran que “nada nos sorprende deste alcalde cando a súa relación  con nós dista moito de ser amigable, chea de peticións sen sentido que nada teñe que ver cas emerxencias  e só por interese persoal, presións e promesas incumpridas”.

Inversión nula do concello de Ponteceso

Enumeran problemas que teñen no servizo e deixan claro que “a inversión en material de emerxencias, vehículos e instalacións foi nula por parte deste concello chegando a perder axudas que poderían ser destinadas a este servizo”.

Sobre as calificativos recollidos no audio “non merecen nin tan sequera comentario algún xa que él mesmo se pon en evidencia. Tan só diremos que ese señor non nos representa”.

Este xoves 15 de abril o portavoz de APIN, José Manuel Pose Verdes, adiantaba no programa Na Encrucillada de Radio Xallas a inminente presentación dunha moción de censura en Ponteceso. Neste vídeo están as declaracións

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos