Unha unidade móbil da Axencia De Doazón de Órganos e Sangue de Galicia estará os vindeiros 20 e 21 de abril (martes e mércores) diante da Casa da Cultura de Santa Comba, en horario de 10 a 14:00h e de 16:30 a 21:00h. Para cita previa chamar ao 900 100 828.
ITV móbil no recinto feiral
E outra unidade móbil, pero neste caso, da inspección técnica de vehículos(ITV) estará no recinto feiral xalleiro os días 4,5,6,7,e 10 de maio de 9 a 13;30 e de 15:15 a 18:00h. O 10 de maio a ITV xa prestará servizo no horario matinal.Os interesados en realizar a inspección nos seus “turismos” poden solicitar cita previa no 902 30 90 00 ou a través da web www.sycitv.com.
Polígono industrial
E esta semana desde o concello de Santa Comba lembraban ás empresas “que existe un formulario na páxina web municipal e nas redes sociais para que manifesten o seu interés por adquirir solo industrial.En breve remitiranse ao IGVS os datos para poder avanzar nunha primeira fase de ampliación do Polígono Industrial”.