Novo audio que circula en Ponteceso e onde supostamente se escoita a voz do alcalde Lois García Carballido.
Nesta ocasión nunha conversa con Faustino Santiago e polo menos outra persoa, Carballido opina sobre o GES de Ponteceso que “o máis fácil e non renovar e o máis lóxico”.
“Un estorbo total para o concello”
Nestas declaracións escoitanse afirmacións tales como “Non fan nada en todo o día” ou “esa xente é un estorbo total para o concello, están de lorcháns total”.
Tamén se define ao grupo de emerxencias como “La Casa de Gran Hermano”, e sobre a súa funcións dise :”Póñenlle unha corda a unha rama por non cortala”.Sobre un dos membros tamén se aprecia o seguinte comentario:”Dous anos na casa rascando as bolas”. E calificativos como “é mafia”.
Este martes 13 de abril no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, o portavoz do Partido Popular, Daniel García Cotelo, avanzaba que trasladaría as gravacións á Fiscalía e pediría a creación dunha auditoría externa para examinar as facturas en cuestión.