O Partido Popular da Costa da Morte centrou as súas críticas no polémico artigo 18 que modifica a periodicidade da prórroga das concesións no dominio público marítimo- terrestre, e na postura do PSOE, e nos seus representantes na zona.
“Non entendemos como están calados”
“Seguimos esperando a reacción dos alcaldes da Costa da Morte. Non entendemos a pasividade dos alcaldes que son tan activos para outras cousas e o que fan agora calados. Terían que ser os primeiros en estar nesta loita e dicirlle ao seu presidentre que isto non pode ser” afirmou Sandra Vilela.
Entrevista a Sandra Vilela- Desde o minuto 31
Vilela asegura que se trata “dunha malísima noticia” e espera que a Lei, que deberá ser refrendada polo Senado, non saia adiante. Incidiu na intención da Xunta de Galicia de recurrir ao Tribunal Constitucional, amparándose en dous informes, da asesoría jurídica da Xunta e do Consello Consultivo de Galicia que considera “inconstitucional” esta normativa nos artigos 18.3 e 18.4.
“Un ataque clarísimo” ao sector mar-industria
A representante popular lembrou que “o alcalde de Muxía negaba que isto se fose levar a cabo”. Entende que a lei “crea unha incertidume moi importante no sector” e supón un “ataque clarísimo” ao mesmo, facendo referencia as piscifactorías e as depuradoras de marisco.
Sandra Vilela destacou que o PP está a presentar mocións nos distintos concellos para pedir as competencias do solo de dominio marítimo-terrestre para a Xunta. Opina que hai un “descoñecemento” do goberno de Pedro Sánchez “sobre o noso litoral”.