9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Martín Seco:”A peaxe da AG-55 está lastrando moito o futuro económico de Bergantiños e da Costa da Morte”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero anunciaba en Carballo a presentación dunha batería de iniciativas parlamentarias para conseguir a rebaixa da peaxe da autovía AG-55.Este venres, no programa radiofónico “Na Encrucillada” o deputado socialista Martín Seco explicaba que esta peaxe “está lastrando moito o futuro económico e industrial de Bergantiños e da Costa da Morte”.

Entrevista a Martín Seco- desde minuto 62

A proposta dos socialistas é “en primeiro momento rebaixar a peaxe e ir camiñando cara a súa liberalización”. Para o parlamentario esta medida “necesita a implicación real do goberno galego”.

Martín Seco afirma que esta peaxe “foi unha aldraxe á cidadanía” mediante “unha autovía pública que foi convertida en autopista de peaxe ás costas da cidadanía”, sendo “un tema que doe” entre os veciños da bisbarra.

Declaracións de Gonzalo Caballero (Minuto 108)

Lei de cambio climático

Sobre as críticas do PP á Lei de Cambio Climático, Seco García sinalou que “o PP non debe estar tanto en contra da lei” cando se abstivo. Sobre o caso concreto do artigo 18 pensa que “estase xenerando unha preocupación por algo que non vai a suceder” e reiterou o “compromiso absoluto” do goberno de Pedro Sánchez co sector mar-industria.»Estase xerando un ruido que non é real” comentou.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos