3.6 C
Santa Comba
sábado, enero 18, 2025

Denuncian un fraude no concello de Corcubión.”Están tan acostumados a chanchullar que perderon a vergonza toda” afirma o BNG

O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar “un auténtico fraude avalado polo goberno local” nun proceso selectivo de persoal. Concretamente no referente á contratación temporais de oficiais de segunda de albanelería.

Segundo denuncian os nacionalistas “O Tribunal do proceso puntuou a varios aspirantes na proba de galego, sen que esta se chegase a realizar”. Un tribunal que non tivo “ningún especialista en albanelería para cualificar a proba práctica”. E tamén critican que “o tribunal duplicou actas do proceso de valoración sen dar explicacións”.

Un escándalo

”É un escándalo o que pasa no concello cada vez que hai procesos selectivos.Están tan acostumados a chanchullar que perderon a vergonza toda. É inconcibible que o tribunal outorgue puntos de balde, sen facer as probas oportunas, prexudicando aos aspirantes que non queren que saian seleccionados, como vimos de verificar revisando o expediente” declarou o portavoz do BNG, Lois Lado.

Advirte que neste caso “pode haber prevaricación” e sinala:”O alcalde apunta e o tribunal selecciona”. Consideran que o proceso foi “desastroso” e “inxusto”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos