O Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, destacou o proxecto de acondicionamento da Senda Fluvial do Xallas promovida polos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Zas polo seu “fin social e de conservación da natureza, máis ala da perspectiva turística”.
Reiterou o apoio da Deputación e suliñou que aparte de servir “para diversificar o produto turístico da comarca” será “unha oferta de ocio para a poboación local”.
Unha realidade no vindeiro ano
En declaracións a Radio Xallas, Regueira expresou o seu desexo de que este proxecto, que conta cun investimento de 400.000 euros, sexa realidade “no vindeiro ano”.
“Este é un proxecto moi chulo, moi bonito” afirmou o responsable de turismo da Deputación sinalando que “as dez pontes colgantes vai a ser o máis complexo”. Incidiu que a senda poderá realizarse a pé ou en bicicleta.
Agora teñen previsto presentar o proxecto á Xunta para que colaboren en acelerar os trámites administrativos, e a pesares de que o financiamento correrá por conta da entidade provincial e dos concellos implicados, non pecha as portas a cooperación económica do goberno galego:”Por nós encantados” comentou.