7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Xosé Regueira agarda que a Senda do Xallas sexa unha realidade o vindeiro ano

O Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, destacou o proxecto de acondicionamento da Senda Fluvial do Xallas promovida polos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Zas polo seu “fin social e de conservación da natureza, máis ala da perspectiva turística”.

Reiterou o apoio da Deputación e suliñou que aparte de servir “para diversificar o produto turístico da comarca” será “unha oferta de ocio para a poboación local”.

Unha realidade no vindeiro ano

En declaracións a Radio Xallas, Regueira expresou o seu desexo de que este proxecto, que conta cun investimento de 400.000 euros,  sexa realidade “no vindeiro ano”.

“Este é un proxecto moi chulo, moi bonito” afirmou o responsable de turismo da Deputación sinalando que “as dez pontes colgantes vai a ser o máis complexo”. Incidiu que a senda poderá realizarse a pé ou en bicicleta.

Agora teñen previsto presentar o proxecto á Xunta para que colaboren en acelerar os trámites administrativos, e a pesares de que o financiamento correrá por conta da entidade provincial e dos concellos implicados, non pecha as portas a cooperación económica do goberno galego:”Por nós encantados” comentou.

Entrevista de Xosé Regueira en Radio Xallas- Desde minuto 64

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos