13 C
Santa Comba
domingo, abril 7, 2024

Xuntanza de Regueira cos alcaldes de Mazaricos, Santa Comba e Zas para acondicionar a senda do Xallas

O Vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, comprometeu o apoio da entidade provincial ao proxecto de acondicionamento da senda fluvial do Xallas, presentado polos rexedores de Mazaricos, Santa Comba e Zas.

Regueira destacou o «interese turístico, patrimonial e tamén económico, en especial, no momento actual en que o senderismo e, en xeral, o deporte e o turismo ao ar libre foron tomando forza polos efectos da pandemia nunha dirección na que, sen dúbida, se continuará unha vez que rematen as restricións». Así o manifestou logo dunha xuntanza cos mandatarios Juan José Blanco, David Barbeira e Manuel Muíño, na casa consistorial do concello de Mazaricos, na localidade da Picota.

O proxecto conta cun orzamento de 400.000 euros. E afecta a uns 65,5 km dos que 25,3 pertencen ao concello de Santa Comba, 4,7 ao de Zas e 35,5 ao de Mazaricos.

Está previsto o acondicionamento de todo o trazado coa roza de malezas e sinalización, ademais da construcións de dez pontes peonís colgantes de aceiro galvanizado e madeira. Ademais, o proxecto inclúa a instalación de quince paneis informativos, varandas metálicas, carteis de dirección e espazos de lecer con mesas e asentos. 

A senda pode realizarse na súa totalidade tanto a pé como en bicicleta. E atravesa zonas de interese como a Fervenza de Castriz, a praia fluvial de San Salvador, a presa da Xesteira, encoro da Fervenza , a praia fluvial de Esmorode, Devesa do Anllares, encoro de Santa Uxía, fervenza da Noveira, a capela de Rubín, a Ermida de San Blas ou a Ponte e o castro de Brandomil. 

Na reunión acordouse tamén comezar coa tramitación dos permisos de Augas de Galicia e Patrimonio e trasladar o proxecto a Turismo e Medio Ambiente da Xunta de Galicia. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos