O colectivo Mar de Fábula continúa a súa loita contra o lixo mariño. O plástico segue sendo o grande protagonista. Nas últimas semanas o concello de Camariñas centrou a actividade da asociación que preside o incombustible Xosé Manuel Barros.
Este pasado sábado 18 persoas conformaron o operativo de limpeza (tres grupos de seis persoas como estaba previsto inicialmente). O punto de actuación foi a Praia do Lago. Un areal onde “o 90% do lixo plástico miudo acumúlase no fondo da praia cara o interior da ría”.
O resultado da limpeza foi a seguinte:”1 estacha de 3 metros, 25 anacos grandes de plástico misceláneo, 40 envases e botellas de plástico, 8 latas de bebida, 2 nasas estructura de ferro, 15 cordas e cordeis, 2 solas de zapato e 20 bolsas cheas de lixo plástico miudo”.
A semana anterior, en colaboración coa asociación de veciños de Camelle a limpeza centrouse no Museo Xardín de Man e na súa contorna. O resultado foi “2 estachas, 450 anacos de espumas de porexpan, 17 latas de cerveza, 52 cabichas, 38 envases de lentillas, 20 envases e botellas de plástico, 80 cordas e cordeis, 8 máscaras, 50 tapas e tapóns, 23 bastonciños de algodón, 1 nasa, moitos anacos de plástico rotos, desgarrados, con tendencia ao infinito………”.
Desde Mar de Fábula incidiron non só na chegada dos detritos mariños por mar. Tamén reflexionan polo pouco respecto dalgunha persoas a pesar do letreiro que piden non acceder ao recinto do museo. Ou doutras que tiran cabichas. “É que a caso os que visitan o Museo do Prado en Madrid tiran as cabichas na porta de entrada ? Pois aquí é o mesmo, íste tamén é un museo, o mái singular de todos” manifestan acertadamente desde Mar de Fábula.