Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Mar de Fábula desenvolveu dúas xornadas de limpeza no concello de Camariñas

Mar de Fábula desenvolveu dúas xornadas de limpeza no concello de Camariñas

Costa da Morte | Publicada: 05/04/2021

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto

Tempo de lectura: 2 minutos e 54 segundos.

O colectivo Mar de Fábula continúa a súa loita contra o lixo mariño. O plástico segue sendo o grande protagonista. Nas últimas semanas o concello de Camariñas centrou a actividade da asociación que preside o incombustible Xosé Manuel Barros.

Este pasado sábado 18 persoas conformaron o operativo de limpeza (tres grupos de seis persoas como estaba previsto inicialmente). O punto de actuación foi a Praia do Lago. Un areal onde “o 90% do lixo plástico miudo acumúlase no fondo da praia cara o interior da ría”.

O resultado da limpeza foi a seguinte:”1 estacha de 3 metros, 25 anacos grandes de plástico misceláneo, 40 envases e botellas de plástico, 8 latas de bebida, 2 nasas estructura de ferro, 15 cordas e cordeis, 2 solas de zapato e 20 bolsas cheas de lixo plástico miudo”.

A semana anterior, en colaboración coa asociación de veciños de Camelle a limpeza centrouse no Museo Xardín de Man e na súa contorna. O resultado foi “2 estachas, 450 anacos de espumas de porexpan, 17 latas de cerveza, 52 cabichas, 38 envases de lentillas, 20 envases e botellas de plástico, 80 cordas e cordeis, 8 máscaras, 50 tapas e tapóns, 23 bastonciños de algodón, 1 nasa,  moitos anacos de plástico rotos, desgarrados, con tendencia ao infinito.........”.

Desde Mar de Fábula incidiron non só na chegada dos detritos mariños por mar. Tamén reflexionan polo pouco respecto dalgunha persoas a pesar do letreiro que piden non acceder ao recinto do museo. Ou doutras que tiran cabichas. “É que a caso os que visitan o Museo do Prado en Madrid tiran as cabichas na porta de entrada ?  Pois aquí é o mesmo, íste tamén é un museo, o mái singular de todos” manifestan acertadamente desde Mar de Fábula.

Pódeche interesar...

Actualización datos Covid-19 Costa da Morte. Domingo 18 de abril

Actualización datos Covid-19 Costa da Morte. Domingo 18 de abril

Domingo 18 de abril.Dos de los ayuntamientos de la Costa da Morte superan los 9 casos "nuevos" en los últimos 14 días.…

Ler máis
Purines en la administración

Purines en la administración

Manuel Fuentes Lamas- Hay un clamor social a la hora de apoyar a las personas que deciden vivir y consecuentemente tr…

Ler máis
Malpica acolleu unha concentración en defensa da pesca deportiva

Malpica acolleu unha concentración en defensa da pesca deportiva

-O peirao de Malpica acolleu esta tarde de sábado unha concentración en defensa da pesca deportiva O balance dos o…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Primavera Teatral de Paiosaco 2021
Adiante TV 2020
Galería Fotos Históricas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Concentración en Malpica 17 de abril

Concentración en Malpica 17 de abril

Unha casete de Los Gemelos y su Orquesta

Unha casete de Los Gemelos y su Orquesta

A moción de censura é a única opción posible en Ponteceso

A moción de censura é a única opción posible en Ponteceso

Piden que Fiscalía actúe.Andamos blanqueando diñeiro por Ponteceso adiante?

Piden que Fiscalía actúe.Andamos blanqueando diñeiro por Ponteceso adiante?

Opinión

Un secreto ecológico

Álvaro Rodríguez

Los demás gobiernos hacen lo contrario de lo que se obliga a hacer en España. Pondremos dos ejemplos: La gran potencia Alemania y el emergente Mar…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A mesma manobra

Álvaro Rodríguez

A prensa escrita informou que ABANCA gañou no 2020 433  millóns, dos cales 273 dedicounos a reservas. «As cinco integracións realizadas nos ú…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Grazas Paulino Castiñeira Castro

Xosé Manuel Lema Mouzo

A Paulino Castiñeira Castro contacteino fai anos para unhas crónicas que estaba facendo para a Agencia EFE, sobre unha das iniciativas da Sociedade …

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información